Alongos, Toén
Alongos | |
---|---|
Igrexa de San Martiño. | |
Concello | Toén[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°19′27″N 8°01′56″O / 42.3242455, -8.0320966 |
Poboación | 279 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Alongos é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 319 habitantes (177 homes e 142 mulleres), un menos ca en 2000. Ten dez entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A casa de Saco, situada no lugar do Outeiro, é a casa natal de Juan Antonio Saco y Arce. De gran tamaño, ten a estrutura propia das casas señoriais. Tiña capela propia, portalón blasonado cun escudo partido con cimera volta á destra, coas armas dos Feijoo e dos Martínez. A casa foi construída no século XVIII por Roque Martínez, abade de Santa María de Larouco e a súa anexa Santa María de Seadur. Muros de cadeirado de peche decorados con ameas.
A Casa da Corredoira ten escudos acuartelados con armas dos Enríquez, Puga e Pereira. En 1701 eran donos desta casa Silvestre Novoa Puga e a súa esposa Isabel de Cárdenas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Lagar en Alongos.
-
Lugar de Alongos.
-
Lugar do Outeiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Alongos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Alongos no concello de Toén (Ourense) | |
---|---|
Alongos | Barrio da Liberdade | A Corredoira | Freixendo | O Outeiro | Prado | Reguengo | Rosairo | O Santo | O Torrón |